Monday, July 20, 2015

Bubbles


Cadro que como eu denomino se encadra dentro do realismo pop. Pertence a colección privada, realizado a partires dunha foto de Katy Perry, da que xa realizara anteriormente un exercicio en lapices conté.

Monday, May 12, 2014

Late night drawing


Unha das cousas productivas de beber té durante o día e que suele conlevar a consecuencias nocturnas, insomnio, aumento da creatividade...
Pois como resultado dunha gran botella de té frío, sale este pequeno boseto de Katy Perry. Materiales empleados: un cartón deses de sobre ríxidos nos que me soen mandar os libros de amazon, por detrás dibuxado por bárbara, uns lápises de dibuxo Contè, adquiridos entre as gangas de Aula 25 (D. E. P.), e unha foto desta cantante, que imprimir xa hai algún tempo para pintar ó óleo. Xa se verá se chega tal día.
Aquí tendes o resultado.




Friday, August 31, 2012

Carrouchiña


Carrouchiña leva xa moito tempo escrita esperando por un corpo e unha cara. Finalmente froito dun pilot, un lápises de cores, un pouco de cola e carrouchas, naseu.
bueno, non sei se é realmente como debería ser, pero é como a vexo eu no meu conto.
Problema que se  me presenta que é peresedeira, polo tanto teño que sacarlle fotos ou escaneala pa que non seque coma toda planta.
Mitá nena, mitá planta, carrouchiña ven a ser algho así como a búsqueda da aseptasión propia como  paso fundamental pa que os demais tamén che asepten tal como eres.
Sona ben, verdá!!?


Wednesday, August 22, 2012

A Bruxa Bada


A Bruxa Bada é a miña primeira creasión como dibuxante. Bada nace a raíz dun curso que fixen sobre seguridade viaria, decidín crear o personaxe, que en realidade xa existía, pois foi un dibuxo dos que fago en horas mortas. Bada é unha bruxa realizada cun pilot negro, do máis torpe como usuario da vía, que vai aprendendo pouquiño a pouco, con cada problema que se vai  atopando. Algunhas imaxes de Bada.



Wednesday, August 15, 2012

Painting Crows


@s que me seguides polo outro blog, xa non tendes que ler o mismo aquí, pero pa @s que solo visitades este si. Bueno, pois como o tempo está malo, por non desir invernal, prívanos de ir por aí a disfrutar da praia, mar... Pero permítenos ter moito tempo libre na casa pa faser esas cousiñas que tanto nos ghustan, pero que tan poucas veses fasemos por falta de tempo.
Ademais de pintar, faser broches, e algunha cousiña máis, de ves en cando escribo contos. Contos infantiles, que logo dibuxo. Estes días ando a voltas con un que xa escribín hai algún tempo, e que se me ocurreu un día que se me cruzaron na carretera dous corvos camiño da Luaña. Algúns de vós xa o conosedes (3 de vós pa ser exactos, bueno 5 se contamos a Barbareta e An).
Pois onte dediqueime a darlle forma ó protaghonista do meu conto que como vedes é un corvo do máis larpeiro. Como o vedes?
Metín a pata pois usei acrílica (pa que me secara rápido) sobre papel ingres. E si, secou rápido pero tan rápido que non me dou tempo a retoque de ningún tipo, pois non é pintura que permita tanta mezcla de colores sobre máis se usamos un papel deste tipo.
Bueno o resultado foi este, opinade, non vou desir que non me afecten as críticas, pero si me paresen constructivas para ver a aseptasión que pode ter o meu corvo.


Ah! E dignádevos en deixar comentario, que esto de publicar pa muditos non mola nada.

Tuesday, May 23, 2006

Margaritas


Este é o meu primeiro cadro. Téñolle un cariño moi especial, é un cadro moi sinxelo entre infantil e impresionista, pero para min é o mellor de todos. A galería na que o podedes visitar é privada, é o meu cuarto en Manselle, xunto á miña cama. Bromas a parte; é un cadro que a pesares de ser "sensillo" gusta bastante.
Deste non acepto críticas negativas, así que todo aquel que pretenda facelas que non as faga que pode ferir a miña sensibilidade!! Vale?